Guía de referencia · Educación Primaria · Galicia
En primaria conviven metodoloxías distintas, instrumentos variados e docentes con autonomía pedagóxica real. Esta guía explica como garantir a obxectividade avaliativa respectando esa diversidade, con referencias normativas concretas, modelos prácticos e respostas para cada perfil da comunidade educativa.
§ 1 · Principios fundamentais
Tres principios que disipan o 80% dos malentendidos sobre avaliación en primaria. Con referencia normativa exacta.
O art. 9.2 da Orde 26/05/2023 establece que "a programación didáctica de cada área ou ámbito elaborarase por nivel educativo e será a mesma para todos os grupos do nivel". Nun centro de varias liñas, todos os docentes que imparten a mesma área no mesmo curso comparten programación, criterios de avaliación e pesos. O que non comparten obrigatoriamente é o método de ensino nin o formato das actividades.
O art. 17.4 da Orde 26/05/2023 esixe "técnicas e instrumentos de avaliación variados, diversos e adaptados ás distintas situacións de aprendizaxe". Isto significa que ningunha lei obriga ao exame escrito. A proba escrita, a rúbrica de observación, o portfolio, a exposición oral e a autoavaliación son instrumentos igualmente válidos, sempre que estean na programación e cubran os criterios de avaliación correspondentes.
O art. 32.3 establece que nunha revisión de cualificación a Inspección verificará: (a) adecuación dos criterios cos da programación, (b) adecuación dos instrumentos cos da programación, (c) correcta aplicación dos criterios de cualificación. A programación é o contrato público da avaliación. Se está ben redactada e se aplica fielmente, o docente está protexido ante calquera reclamación, independentemente do instrumento que empregue.
Tes autonomía metodolóxica real. Podes usar ABR, ABJ, Gamificación, ABP, aprendizaxe cooperativa ou clase maxistral. O que non é libre é o criterio de avaliación nin o peso que lle asignas: eses son comúns co resto de docentes do nivel. Documenta o que fas e fundamental en procesos de reclamación.
A dirección é responsable de que as programacións estean publicadas (art. 8.5 e 9.7), de que os equipos de ciclo acten mensualmente (art. 9.5) e de resolver as revisións de cualificación no prazo de 2 días hábiles (art. 32.2). Estes tres puntos son os que Inspección comproba primeiro.
Tendes dereito a coñecer a programación desde o inicio do curso (art. 9.7), a solicitar aclaracións sobre as cualificacións, a ver os instrumentos de avaliación empregados (art. 30.1c) e a presentar revisión formal se non estades de acordo (art. 31). Todos estes dereitos están garantidos pola lei. O proceso é ordenado e ten prazos claros.
Verifica que os criterios, instrumentos e pesos aplicados coinciden cos da programación publicada. Non valora se o instrumento é un exame ou unha rúbrica: valora se o que se aplicou é o que se dixo que se aplicaría.
§ 2 · Instrumentos de avaliación
Cada instrumento ten fortalezas distintas. A obxectividade non depende de cal escolles: depende de como o documentas e de que estea aliñado cos criterios de avaliación do currículo.
| Aspecto | Observación sistemática |
|---|---|
| Que avalia | Competencias procedimentais e actitudinais no contexto real de aprendizaxe: participación, colaboración, resolución de problemas en acción, habilidades motrices, creatividade en proceso |
| Instrumentos de rexistro | Lista de cotexo · Escala de valoración · Rúbrica analítica · Rexistro anecdótico · Diario de campo |
| Fortaleza principal | Alta validez de constructo para competencias que non se manifestan en papel. É o instrumento de maior rigor en EF, Plástica, Música e situacións de aprendizaxe cooperativa |
| Requisito para ser obxectiva | Os indicadores de observación deben derivar dos criterios de avaliación do Decreto 155/2022. O rexistro debe ser sesión a sesión ou por período, arquivable e consultable pola familia |
| Áreas onde é dominante | Educación Física · Educación Plástica e Visual · Música e Danza · Calquera área con traballo cooperativo |
| Risco se non se documenta | Sen rexistro escrito, a cualificación parece subxectiva. A rúbrica é a solución: converte a observación en avaliación criterial e auditable |
Con 25 alumnos/as e 3 sesións semanais, unha lista de cotexo de 4–5 ítems pódese cubrir en 3–4 minutos por sesión. Ao trimestre: 10–12 observacións por alumno/a. É suficiente para xustificar a cualificación e para mostrar evolución ante calquera familia.
| Aspecto | Proba escrita |
|---|---|
| Que avalia | Coñecemento conceptual, comprensión lectora, expresión escrita, razoamento lóxico-matemático. Menos axeitada para avaliar competencias procedimentais ou actitudinais |
| Fortaleza principal | Alta eficiencia con grupos grandes. Produce evidencia escrita inmediata. Facilita a comparación entre grupos cando é común e compartida |
| Requisito para ser obxectiva | Cada pregunta ou bloque debe indicar a que criterio de avaliación responde e que peso ten. A corrección debe aplicar os mesmos criterios a todos os grupos |
| Erro frecuente | Usar a nota da proba escrita como única cualificación, ignorando os criterios procedimentais e actitudinais do currículo. Art. 17.4 esixe instrumentos variados |
| Áreas onde é dominante | Ciencias da Natureza · Ciencias Sociais · Matemáticas · Linguas (comprensión e expresión) |
| Risco si é o único instrumento | Ante reclamación, a programación debe xustificar por que o 80–100% da nota procede de probas escritas. Se os CA inclúen competencias non avaliables por escrito, a proba é insuficiente |
O art. 30.1c garante o acceso e copia dos instrumentos de avaliación aplicados. Se o voso fillo/a fai un exame e non estades de acordo coa corrección, podedes solicitalo e revisalo co docente antes de presentar ningunha reclamación formal.
| Aspecto | Proxecto / tarefa competencial |
|---|---|
| Que avalia | Integración de competencias, transferencia a contextos reais, traballo autónomo, capacidade creativa e de planificación. Permite avaliar varios CA simultaneamente |
| Fortaleza principal | Mayor validez de constructo para competencias complexas. Permite ao alumnado demostrar aprendizaxe de múltiples formas. Aliñado co art. 10.2: "proxectos significativos para o alumnado" |
| Requisito para ser obxectivo | Rúbrica analítica con dimensións explícitas, comunicada ao alumnado antes de iniciar o proxecto (feedforward). Sen rúbrica, a cualificación dun proxecto é difícil de defender |
| Risco específico | Cando é traballo en grupo: diferenciación da contribución individual. Solución: combinar avaliación do produto grupal con observación individual do proceso |
| Áreas onde é recomendable | Ciencias da Natureza · Ciencias Sociais · EF (proxectos motores) · Plástica · Transversal entre áreas |
| Base normativa | Art. 10.2 Orde 26/05/2023: os centros dedicarán tempo á "resolución colaborativa de problemas e proxectos significativos" |
| Aspecto | Exposición oral / avaliación oral |
|---|---|
| Que avalia | Competencia comunicativa oral, argumentación, organización do discurso, capacidade de síntese, fluidez e autoconfianza na expresión |
| Fortaleza principal | Directamente aliñada co fomento da oratoria esixido no art. 10.3 da Orde 2023. Permite ao alumnado con dificultades de expresión escrita demostrar competencia por outra vía |
| Requisito para ser obxectiva | Rúbrica con dimensións claras (contido, organización, expresión, uso de apoios). Se é posible, gravación de audio/vídeo como evidencia arquivable (con consentimento GDPR) |
| Limitación principal | Tempo de aplicación con grupos grandes. Solución: exposicións breves (2–3 min) en formato rotativo ou en parejas |
| Aspecto | Autoavaliación e coavaliación |
|---|---|
| Que avalia | Metacognición, capacidade de autorreflexión, responsabilidade sobre a propia aprendizaxe, habilidades de avaliación entre iguais |
| Base normativa | Aliñada co art. 10: "potenciará a aprendizaxe significativa que promova a autonomía e a reflexión" |
| Requsito para ser válida | Non pode ser o único instrumento. Debe combinarse con outros. O alumnado debe ser formado nos criterios antes de autoavaliar |
| Impacto en aprendizaxe | Hattie (2009): a autoavaliación ten un efecto de d=0.54. Cando o alumnado coñece os criterios e se avalia contra eles, o seu rendemento mellora significativamente |
| Peso recomendado | 10–20% da cualificación como máximo. Nunca como instrumento único. Sempre con rúbrica guiada. |
Non hai fórmula única, pero a investigación (Wiliam, 2011; López Pastor, 2006) apoia a distribución que cobre os tres niveis taxonómicos: saber, saber facer e saber ser.
Proba escrita, cuestionario, exposición oral sobre contidos. 40–60% en áreas conceptuais (CN, CS, MAT). Menor peso en áreas procedimentais.
Instrumento: proba escrita ou oral con corrección criterial.
Observación sistemática, rúbrica de tarefa, proxecto. 30–50% en todas as áreas. Dominante en EF, Plástica, Música.
Instrumento: rúbrica analítica ou lista de cotexo con indicadores derivados dos CA.
Observación de participación, colaboración, esforzo, autoavaliación. 10–20%. Complementa, nunca substitúe os anteriores.
Instrumento: escala de valoración, rexistro anecdótico, autoavaliación guiada.
§ 3 · Coordinación docente
En centros de varias liñas, docentes con metodoloxías distintas poden convivir con plena obxectividade avaliativa. A clave é saber que se comparte e que non.
Catro momentos ao ano. Sen máis reunións das necesarias. Con evidencia documental en cada un.
A dirección non decide os criterios: iso é do equipo docente. O que sí lle corresponde é garantir que se producen as reunións e que quedan actas (art. 9.5), que as programacións están publicadas (art. 8.5) e que o procedemento de revisión de cualificacións se executa nos prazos legais (arts. 31–32). A dirección que ten estes tres puntos cubertos está protexida ante calquera reclamación que chegue á Inspección.
Que un docente use proxectos e outro use exames non é incoherencia: é autonomía pedagóxica dentro dun marco común. O que debe ser idéntico son os criterios e os pesos. Se a programación está publicada e recolle os pesos, podedes verificar que o sistema é equitativo consultando o documento. Ese dereito está garantido polo art. 8.5 da Orde 2023.
§ 4 · Rúbricas e indicadores de logro
A rúbrica analítica é a ferramenta que permite a calquera docente demostrar, criterio por criterio, por que un alumno/a obtén unha determinada cualificación. Con base científica e normativa sólida.
"La fiabilidad interjuez mejora significativamente cuando los evaluadores comparten una rúbrica analítica detallada, incluso cuando aplican metodologías distintas."
Jonsson & Svingby (2007) · Educational Research Review
"Cuando los estudiantes conocen de antemano los criterios de éxito con que serán evaluados, su rendimiento mejora y su ansiedad ante la evaluación se reduce."
Black & Wiliam (1998) · Inside the Black Box
Unha rúbrica ben deseñada fai tres cousas á vez: (1) guía ao docente na observación sistemática, (2) informa ao alumnado de que se espera nel (feedforward), e (3) proporciona evidencia documentada ante calquera revisión. É o único instrumento que serve simultaneamente para aprender, para ensinar e para demostrar.
Avaliar "presentación, orde, ortografía, corrección" pode ter sentido pedagóxico, pero para ser válida legalmente cada indicador debe derivar dun criterio de avaliación do Decreto 155/2022. Sen esa vinculación, a Inspección pode cuestionar se se están avaliando os CA prescritos.
Área: Educación Física · Unidade de xogos e deportes colectivos · Criterio CA de referencia: "Aplicar principios básicos de decisión en situacións de cooperación-oposición"
| Dimensión | IN (1–4) | SU (5) | BE (6) | NT (7–8) | SB (9–10) |
|---|---|---|---|---|---|
| Toma de decisión táctica | Non identifica opcións. Actúa por impulso ou queda parado/a. | Aplica 1 principio con indicación directa do docente. | Selecciona a opción máis axeitada de forma autónoma en situacións simples. | Compara opcións e decide segundo o contexto e o rol asignado. | Anticipa, decide rapidamente e adapta a solución se falla. Orienta ao equipo. |
| Cooperación co equipo | Non se comunica nin coordina. Actúa de forma individual sistematicamente. | Responde á comunicación dos compañeiros/as cando é directa e explícita. | Comunica e coordina en situacións de 2×1 ou similares. | Inicia a comunicación táctica sen necesidade de indicación. | Organiza e orienta ao equipo. Recoñece e activa as fortalezas de cada persoa. |
| Participación e deportividade | Non participa ou abandona ante a dificultade. Rexistros negativos sen resolver. | Participa cando se lle insiste. Respecta normas con recordatorio. | Participa de forma autónoma. Sen rexistros negativos. Respecta normas. | Participa con predisposición e mentalidade de crecemento ante os erros. | Lidera a participación. Valora o esforzo sobre o resultado. Resolve conflitos. |
Esta rúbrica funciona para calquera modelo didáctico: Sport Education, ABP motor, clase maxistral ou aprendizaxe cooperativa. O que cambia é o contexto de observación (partidos da liga, proxecto motor, circuíto), non os indicadores. Podes compartila con outros docentes do mesmo nivel e aplicala cada un no seu contexto metodolóxico. O resultado é comparable.
Tendes dereito a consultar a rúbrica ou instrumento de avaliación empregado (art. 30.1c). Isto significa que podedes pedir ao docente que vos mostre en que nivel se atopa o voso fillo/a en cada dimensión, e por que. Unha rúbrica ben feita fai esa conversación moito máis concreta e produtiva que discutir sobre "se merece un 6 ou un 7".
§ 5 · Revisión e reclamación
As reclamacións non son ataques: son un dereito legal que garante a obxectividade. Un centro ben documentado non teme as reclamacións — agrádeceas.
Paso 1: Solicitade aclaracións ao docente ou titor/a. Sen prazo formal. Conversación
directa.
Paso 2: Se persiste o desacordo, presentade revisión escrita á dirección dentro de
2 días hábiles desde que se vos comunicou a cualificación final.
Paso 3: A dirección traslada ao equipo docente, que se reúne en sesión
extraordinaria.
Paso 4: A dirección emite resolución por escrito. Pon fin ao proceso interno.
Paso 5: Se aínda non estades de acordo, podedes reclamar ante a Xefatura Territorial (2
días hábiles máis). A Inspección resolve en 15 días hábiles.
1. A programación publicada con criterios, instrumentos e pesos. Se o que aplicaches
está na programación, a revisión non prospera.
2. Os rexistros de avaliación (listas de cotexo, rúbricas cubiertas, correccións con
criterios). Son a evidencia de que aplicaches o que dixeches que aplicarías.
3. A acta de setembro con os acordos de coordinación de nivel. Sen ela, a Inspección non
pode verificar que se cumpriu o art. 9.1.
Fluxo do procedemento de revisión e reclamación (arts. 31–34 Orde 26/05/2023)
O art. 34.6 da Orde 26/05/2023, en aplicación do art. 119.3 da Lei 39/2015, establece que o proceso de revisión e reclamación non pode resolverse cunha cualificación menor da inicialmente obtida. Este dereito protexe ao alumnado e garante que as familias poidan exercer a revisión sen risco.
§ 6 · Preguntas frecuentes
Organizado por perfil. Cada resposta inclúe a referencia normativa exacta.
§ 7 · Marco normativo
Todo o contido desta guía está fundamentado. Aquí están as fontes.
Orde do 26 de maio de 2023
Desenvolve o Decreto 155/2022. Marco operativo da avaliación en primaria en Galicia.
Decreto 155/2022, do 15 de setembro
Currículo de educación primaria en Galicia. Criterios de avaliación por área no Anexo II.
Art. 15 · Contido mínimo programaciónsOrde do 8 de setembro de 2021
Desenvolve o Decreto 229/2011 de atención á diversidade. Artigos 12 e 50 citados na Orde de 2023.
Art. 12 · Avaliación inicial Art. 50 · Plans de reforzoReal Decreto 157/2022 · LOE/LOMLOE
Ensinanzas mínimas estatais. Perfil de saída. Descritores operativos das competencias clave.
Black, P. & Wiliam, D. (1998)
Inside the Black Box. Efectos d=0.73 da avaliación formativa con criterios explícitos.
Hattie, J. (2009)
Visible Learning. Síntese de 800+ meta-análises. Feedback criterial: un dos factores de maior impacto.
Jonsson, A. & Svingby, G. (2007)
Fiabilidade inter-xuíz con rúbricas. Educational Research Review, 2(2).
Wiggins, G. (1998)
Educative Assessment. Avaliación auténtica e validez de constructo en competencias complexas.
López Pastor, V.M. (2006)
La Evaluación en Educación Física. Avaliación formativa e compartida no contexto español.
Wiliam, D. (2011)
Embedded Formative Assessment. Como implementar avaliación formativa de forma sostible.