🏆

Liga Multideporte

Aprendemos xuntos · Competimos con respecto · Medramos como equipo

👥 Os Nosos Equipos

Formaremos equipos de 4-5 xogadores que se manterán durante toda a unidade. Cada equipo terá o seu nome, o seu escudo e vivirá toda a experiencia deportiva xunta.

🤝

Somos un equipo: aínda que cada un teña un rol diferente, axudámonos para que todos cumpran ben a súa función.

🎭 Os Roles do Equipo

Todos somos XOGADORES sempre. Ademais, cada membro do equipo terá unha responsabilidade especial:

👑
Capitán/á
Lidera ao equipo, toma decisións, anima desde a bancada con respecto. É o enlace co/a profe.
⚖️
Árbitro/a
Coñece as regras, pita con xustiza, explica as decisións. Coida o material e a acta do partido.
🧠
Adestrador/a
Propón estratexias, axuda a mellorar, dá consellos tácticos e xestiona os cambios se os hai.
💪
Preparador/a
Dirixe o quecemento específico, coida de que todos estean listos e propón volve á calma.

🔄 Como rotamos os roles?

Para aprender a facer de todo, non sempre teremos o mesmo rol.

  • Na Pretempada (Fase 1):

    Rotaremos en cada partido. Se xogamos 3 partidos nun día, probarás 3 roles diferentes. O obxectivo é aprender as funcións de todos.

  • Na Tempada (Fase 2):

    O rol será fixo durante unha xornada completa (ou semana). Así podes especializarte e axudar mellor ao equipo. Logo cambiará para a seguinte xornada.

💡 Lembra: O máis importante é xogar. O rol é unha axuda extra para que o equipo funcione.

🎯 Os Nosos 5 Deportes

Preme en cada deporte para coñecer as regras básicas:

1 2 3 1 2 3 3 vs 3 · Media cancha · 1 canasta

🏀 Baloncesto 3x3

  • Xogadores: 3 contra 3 en media cancha
  • Puntuación: 1 punto dentro da liña, 2 puntos desde fóra
  • Posesión: 12 segundos para tirar
  • Sacar: Sempre desde fóra da liña de 3 puntos
  • Gañar: Primeiro en chegar a 11 puntos (ou máis puntos ao rematar o tempo)
3 vs 3 · Rede baixa · Pódese coller!

🏐 Voley Adaptado

  • Xogadores: 3 contra 3 con rede baixa
  • Toques: Máximo 3 toques por equipo
  • Adaptación: Pódese coller o balón un momento antes de pasar
  • Saque: Desde atrás, por debaixo
  • Puntos: Gáñase punto cando o balón toca o chan do rival
  • Set: A 15 puntos con 2 de diferencia
ZONA DE LANZAMENTO J máis preto! Achega as túas bolas á bola branca (Jack)

🎱 Boccia

  • Obxectivo: Achegar as túas bolas á bola branca (Jack)
  • Bolas: 6 vermellas vs 6 azuis + 1 branca (diana)
  • Turnos: Lanza primeiro o que está máis lonxe
  • Puntos: 1 punto por cada bola máis preto que a rival
  • Estratexia: Podes afastar as bolas do rival!
  • Deporte paralímpico de precisión e estratexia
ZONA NON VOLEO ZONA NON VOLEO Pala + pelota con buratos · Dobles ou individual

🏓 Pickleball

  • Material: Pala e pelota con buratos
  • Saque: Por debaixo e en diagonal
  • Regra do dobre bote: O saque e a devolución deben botar
  • Zona "Kitchen": Non podes volear (golpear no aire) nesta zona
  • Puntos: Só puntúa quen saca. A 11 puntos con 2 de diferencia
  • Mestura de tenis, bádminton e ping-pong
3 pelotas · Elimina ao rival · Colle no aire = salvas!

🔴 Datchball

  • Obxectivo: Eliminar a todos os xogadores rivais
  • Pelotas: 3 pelotas de esponxa no centro
  • Eliminación: Se a pelota che dá e cae ao chan
  • Aire: Colles no aire = salvas a un compañeiro!
  • Escudo: Podes bloqueiar con outra pelota
  • Liñas: O campo acúrtase se non hai eliminacións
  • Deporte español creado en Aragón

🎨 Creador de Xogos

Aquí tes un menú de ideas para crear as túas propias propostas en liga.edumind.es:

🔥 Propostas Competitivas

Ideais para o Día 3 ou 4 de pretempada.

  • Partido Modificado: Pon unha regra extra (ex: "só vale tirar despois de 5 pases").
  • Torneo K.O.: Quen perde sae ou pasa a outra pista.
  • Rei da Pista: Quen gaña queda, quen perde rótase.
  • Puntuación Extra: "As canastas/puntos de costas valen dobre".
  • Hándicap: O equipo que vai gañando xoga cunha man ás costas.

🤝 Propostas Cooperativas

Ideais para quentar e facer grupo.

  • Reto Colectivo: "Conseguir 20 toques seguidos sen que caia o balón entre todos".
  • Pase Total: Para conseguir punto, todos los do equipo teñen que tocar o balón.
  • Cadea Humana: Desprazarse polo campo collidos da man sen soltarse.
  • O Obxectivo Común: Derribar un cono xigante entre os dous equipos lanzando balóns.
  • Lanzamento Sincronizado: Tirar a canasta ou golpear ao mesmo tempo.

🔄 Propostas en Circuíto

Para traballar varias habilidades á vez.

  • Estacións de Tiro: 4 zonas diferentes para lanzar ou golpear.
  • Slalom e Pase: Zig-zag entre conos e rematar cun pase de precisión.
  • Circuíto Físico-Técnico: Saltar valado + Sentadilla + Tiro a canasta/diana.
  • A Reloxo: Cantas voltas completas dá o equipo en 3 minutos?
  • Postas de Relevos: Vai un, fai o percorrido, e dálle a man ao seguinte.

⚡ Retos Individuais ou Parellas

Para mellorar a técnica persoal.

  • O Francotirador: Cantos acertos seguidos consegues?
  • 1 vs 1 Técnico: Dueliño só de regate ou só de toque de dedos.
  • Xogo de Espello: Un compañeiro fai movementos, o outro imita.
  • Reto de puntería: Derrubar torre de madeira desde lonxe.

🏃 Propostas de Agilidade

  • Pilla-Pilla Temático: Pilla-pilla botando o balón (ou coa pala na man).
  • Reacción: De costas, ao asubío virarse e ir a por o balón.
  • O Pañuelo Deportivo: Correr ao centro a coller o balón e atacar.
  • Carreiras de Liñas: Tocar liña de fondo, medio campo, etc.

🧠 Esquema Corporal e Coordinación

  • Lado "Malo": Xogar todo o intre coa man/pé non dominante.
  • Multitarefa: Botar o balón mentres dis nomes de froitas.
  • Equilibrios: Lanzar ou golpear á pata coxa.
  • Cego Guía: Un cos ollos pechados, o outro guíao con instrucións.
  • Ritmo: Seguir o ritmo da música botando ou golpeando.

📅 As 3 Fases da Liga

1
🌱 Pretempada

Aprenderemos cada deporte en 4 días progresivos. Cada deporte ten a súa pretempada:

👨‍🏫
Día 1
Propostas do Profe ou rotación
📝
Día 2
Traemos e probamos as nosas propostas
🚀
Día 3
Máis propostas propias e mellora
🏆
Día 4
Competición ou simulación real
📝 Crear a miña ficha de xogo
2
⚽ Tempada Regular

Comeza a competición! Xogaremos unha liga multideporte por xornadas. En cada xornada poderedes sumar puntos de varias formas:

🏆 Resultado do partido
📣 Animar desde a bancada con respecto
✨ Xogo limpo de todos os xogadores
⚖️ Cumprir coas funcións de arbitraxe
📋 Entregar os traballos da pretempada
🤝 Axudar aos compañeiros do equipo

Os puntos concretos de cada valor aclararémolos xuntos en clase 📊

3
🏅 Fase Final

Os mellores equipos competirán nas eliminatorias finais. Todos os puntos acumulados durante a tempada contarán!

Máis detalles proximamente...

📱 A Nosa App: Liga EDUmind

Toda a información da liga, clasificacións, resultados e fichas de xogos estarán na nosa aplicación.

🚀 Entrar en Liga EDUmind